A bolsa e a prima de risco seguen notando o efecto positivo das medidas de impulso anunciadas por Mario Draghi o pasado xoves. O IBEX 35 marca niveis máximos en catro anos e a prima sitúase en 120 puntos, o nivel que rexistraba antes da crise.
Fálase
O 10 de xuño de 1967 finaliza a Guerra dos Seis Días, coa vitoria do exército israelí sobre a alianza árabe.
A dimisión de Ángel Currás como alcalde de Santiago domina as portadas da prensa impresa galega, este martes.
Susana Díaz non optará a liderar o PSOE, segundo adianta a Cadena Ser. A presidenta de Andalucía afirma que lle quere dar prioridade á súa xestión á fronte da Junta.
ÚLTIMA HORA O conselleiro Agustín Hernández será o novo alcalde de Santiago. Máis información, esta tarde en Praza
Podemos recoñece unha "discusión aberta" sobre o modelo de partido. O seu voceiro, Íñigo Errejón, sinala que "hai diferentes posturas" para definir o sistema de toma de decisións e cualifica este debate como "sinal de identidade" da formación
Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, afirma que "non ten sentido que se manteña" o actual número de concellos en España e avoga por que a lei "tome cartas no asunto"
Juan Viaño toma posesión como reitor da USC apostando por "cambios importantes" na institución académica. Así explicou en Praza Pública durante a campaña os seus plans para a Universidade.
O BNG emendará á totalidade a lei de abdicación para pedir que implique a apertura dun proceso constituínte e o "dereito das nacións a decidir".
O TSXG acorda, a instancias do xulgado de instrución número 3 de Lugo, incoar sumario contra o deputado do PSdeG José Ramón Val por se "puidese" ter cometido un delito de tráfico de influencias. Os socialistas xa avanzaran en marzo que lle pedirán a dimisión se lle abren xuízo oral no caso das presuntas retiradas irregulares de multas.