O Goberno galego aproba o plan de conciliación que anunciou na véspera do 8M e que prevé axudas para as empresas que a faciliten e maiores permisos para o funcionariado.
Fálase
Feijóo defende que “a familia real é impecable no exercicio das súas obrigas institucionais” tras ser preguntado pola relación entre as raíñas Letizia e Sofía. Sobre a afirmación ao respecto do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, de que “en todas as casas cocen fabas”, o presidente galego di que non é un comentario propio dun político porque entra en “esferas” que non son as institucionais.
A xuíza Lamela procesa o ex-xefe dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, por organización criminal e sedición
A presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, admite que non foi a clase nin fixo exames como os demais estudantes, pero defende a "legalidade" do seu máster mentres continúan a transcender supostas irregularidades. Está a contalo eldiario.es e mais El Confidencial, que este xoves revela que o tribunal que supostamente cualificou o traballo de fin do máster non existiu.
O Supremo do Brasil rexeita o último recurso de Lula da Silva e deixa o ex-presidente ás portas de ser encarcerado. Está a contalo Carta Capital. Para o Partido dos Trabalhadores a decisión tornou o día en "trágico para a democracia e para o Brasil"
O Goberno central admite que non vai incorporar ao ensino catalán un formulario para que as familias decidan a lingua das clases. O gabinete de Mariano Rajoy amagou con esta idea, semellante á promovida polo PPdeG antes de retornar á Xunta en 2009, ao abeiro do artigo 155 da Constitución.
Acordo de todas as forzas do Congreso agás o PP para desbloquear a renovación dos órganos de dirección de Televisión Española. Recólleo Vertele
A Deputación de Pontevedra "retira a colaboración" cun encontro de ex-militares tras "coñecer que en realidade é unha homenaxe ao militar franquista Millán Astray". "Na solicitude os organizadores indicaran que se trataba dun encontro de confraternidade" e non "a verdadeira natureza do evento", resalta o goberno provincial pontevedrés nun comunicado
O Goberno de España prevé investir 936,79 millóns en Galicia durante 2018; son 12,19 millóns máis que o previsto para 2017 coas obras do AVE como principais protagonistas. Consulta aquí as principais magnitudes dos Orzamentos Xerais do Estado relativas a Galicia
VÍDEO | Persoal da xustiza en folga recibe a Alfonso Rueda con berros de "negociación ou dimisión" durante unha visita do vicepresidente á factoría de Aceites Abril en San Cibrao das Viñas. O paro indefinido na Administración de xustiza vén de atravesar o limiar dos 50 días.