A dereita francesa confirma a súa vitoria na segunda volta das eleccións departamentais, gañando 67 dos 101 departamentos e arrebatándolle 28 á esquerda. A Fronte Nacional non obtivo a vitoria en ningún.

A dereita francesa confirma a súa vitoria na segunda volta das eleccións departamentais, gañando 67 dos 101 departamentos e arrebatándolle 28 á esquerda. A Fronte Nacional non obtivo a vitoria en ningún.
O Pontevedra golea (0-8) o Bertamiráns e mantén con solvencia o liderado da Terceira. No resto da xornada: Ordes 1 2 Rápido de Bouzas; Choco 5 0 As Pontes; Arousa 0 0 Alondras; Laracha 0 3 Bergantiños; Racing Vilalbés 1 1 Sanxenxo; Barbadás 2 1 Cerceda; Boiro 2 2 Ribadeo; Cultural Areas 1 2 Fabril; Silva 2 1 Ribadumia.
Fruga advirte de que a "liberalización" do sector lácteo provocará "excedentes" e "grandes caídas" dos prezos. O sindicato celebrou a súa segunda asemblea e asegura que "un país que non pode alimentar a súa poboación está empobrecido".
O Obradoiro vence o CAI no Sar (77-69) nun encontro no que foi homenaxeado o padexeiro galego David Cal, logo de que anunciase a súa retirada tras gañar cinco medallas olímpicas.
O Somozas fai historia na 2ªB tras gañar ao Murcia logo de remontar un resultado adverso (2-1). O Compostela venceu o Astorga (2-0) e o Coruxo ao Valladolid B (2-1), mentres que o Racing de Ferrol caeu en León ante a Cultural (2-1).
Louzán consolida a dedo os empregos dos seus fieis na Deputación a poucas semanas das eleccións. O proceso de promoción interna remata coa desginación a dedo de sete xefes de servizo.
O polémico barco da rotonda de Coia loce xa a iluminación e adornos, coas que o Concello di querer homenaxear "a xente do mar".
As empresas do Ibex 35 gañan un 37% máis mentres reducen o soldo dos seus empregados un 1,5%. A remuneración dos consellos de administración incrementouse case un 30%.
O BNG prepara os seus candidatos para "cambiar as prioridades" desde os concellos, que deben ser "as persoas e o pobo galego".
O PP apoia a continuidade de Ence na ría pero esixe a creación de empregos. O candidato popular á alcaldía de Pontevedra cre que manter a celulosa é "un exercicio de responsabilidade".