Fálase
A Zona Franca de Vigo, controlada agora polo PSOE, aproba mercarlle ao Concello por 5,6 millóns o edificio do antigo Reitorado, ao que trasladará a súa sede. Varias administracións intentaron nas últimas décadas obter máis visibilidade grazas a ese edificio, cuxo despacho principal fora amoblado pola daquela alcaldesa popular Corina Porro entre críticas de desbalde dos socialistas.
O PP pregunta no Congreso se o Goberno de Pedro Sánchez "respecta as tradicións de nadal dos españois" e mais sobre touradas e caza. (Imaxe: PP)
Abel Caballero estuda manter o alumeado de Nadal de Vigo tamén en xaneiro a petición dos empresarios da cidade. O gasto por habitante en luces duplica o das restantes cidades galegas. (Imaxe: Miguel Blanco Arango en VINTE)
Os Premios Manuel Beiras ás empresas que traballan en galego recoñecen na súa edición de 2018 a Leite Noso (que comercializa Deleite), Construcións Alvite González e a Evaristo Rodríguez Carracedo, ex-vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago.
Un obreiro resulta ferido na estación da Alberguería, en Vilar de Barrio, nunha caída nas obras do AVE, que acumulan nove traballadores mortos desde o seu comezo, o último hai dous meses e seis deles nos últimos cinco anos nesa mesma zona de Ourense na que está a construírse a conexión coa Meseta. (Imaxe: Google Street View)
O Dépor e o Liceo unen formalmente as súas marcas mediante un acordo de patrocinio. Nace o Deportivo Liceo de hóckey.
O Breogán derrotou con claridade ao Real Madrid no Pazo (84-71), nun partido que chegou a ir gañando de 26 puntos. Os lucenses suman a súa terceira vitoria na Liga Endesa.
Unha viaxe reivindicativa entre A Coruña e Betanzos demandou melloras no servizo ferroviario e a posta en marcha dun verdadeiro tren de proximidade nestas comarcas. A iniciativa foi impulsada pola Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, que leva anos traballando neste sentido
Este sábado celebrouse a segunda andaina organizada pola Plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes, en Santiago de Compostela