O Dépor e o Liceo unen formalmente as súas marcas mediante un acordo de patrocinio. Nace o Deportivo Liceo de hóckey.
Fálase
O Breogán derrotou con claridade ao Real Madrid no Pazo (84-71), nun partido que chegou a ir gañando de 26 puntos. Os lucenses suman a súa terceira vitoria na Liga Endesa.
Unha viaxe reivindicativa entre A Coruña e Betanzos demandou melloras no servizo ferroviario e a posta en marcha dun verdadeiro tren de proximidade nestas comarcas. A iniciativa foi impulsada pola Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, que leva anos traballando neste sentido
Este sábado celebrouse a segunda andaina organizada pola Plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes, en Santiago de Compostela
O 1 de xaneiro entra en vigor a reforma aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy que endurece as condicións de xubilación de milleiros de desempregados. Eldiario.es entrevista tres traballadores, afectados por ERE nalgún caso, que perderán "máis de 200 euros ao mes"
A Plataforma Mina Touro O Pino NON denuncia un novo desbordamento da balsa mineira de Bama (Touro). Nos últimos meses a concesionaria Explotaciones Gallegas, foi multada en dúas ocasións, con 30.000 e 20.000 euros, por feitos semellantes. Podes ver aquí un vídeo do desbordamento
Núñez Feijóo afirma que Galicia nunca tivo "tantos medios" en saúde, pero o que necesita "son médicos" e responsabiliza da súa carencia ao Goberno central. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, incidiu na mesma idea, recoñecendo que "hai una sobrecarga na Atención Primaria" pero afirmando que "a Xunta quere contratar máis médicos, pero non os atopa".
A Xunta analiza a proposta de universidade privada de Abanca, que estaría en marcha en 2021, segundo confirmou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Os seus contidos académicos estarían centrados nas áreas empresariais e de administración
Un xuíz declara inconstitucional a Lei Sanitaria estadounidense, coñecida popularmente como 'Obamacare'. A decisión pon en risco a cobertura sanitaria para 20 millóns de persoas. Trump destacou en twitter que se trata dunha "gran noticia" para os Estados Unidos
Fernando Epelde e Rafa Vilar, gañadores da I edición dos Premios SELIC de creación literaria. Os galardóns impulsados polo Concello de Santiago buscan "incrementar a presenza de Compostela na literatura escrita en galego", pois as obras presentadas deben ter a cidade como marco de acción ou referencia fundamental