O 1 de xaneiro entra en vigor a reforma aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy que endurece as condicións de xubilación de milleiros de desempregados. Eldiario.es entrevista tres traballadores, afectados por ERE nalgún caso, que perderán "máis de 200 euros ao mes"
Fálase
A Plataforma Mina Touro O Pino NON denuncia un novo desbordamento da balsa mineira de Bama (Touro). Nos últimos meses a concesionaria Explotaciones Gallegas, foi multada en dúas ocasións, con 30.000 e 20.000 euros, por feitos semellantes. Podes ver aquí un vídeo do desbordamento
Núñez Feijóo afirma que Galicia nunca tivo "tantos medios" en saúde, pero o que necesita "son médicos" e responsabiliza da súa carencia ao Goberno central. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, incidiu na mesma idea, recoñecendo que "hai una sobrecarga na Atención Primaria" pero afirmando que "a Xunta quere contratar máis médicos, pero non os atopa".
A Xunta analiza a proposta de universidade privada de Abanca, que estaría en marcha en 2021, segundo confirmou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Os seus contidos académicos estarían centrados nas áreas empresariais e de administración
Un xuíz declara inconstitucional a Lei Sanitaria estadounidense, coñecida popularmente como 'Obamacare'. A decisión pon en risco a cobertura sanitaria para 20 millóns de persoas. Trump destacou en twitter que se trata dunha "gran noticia" para os Estados Unidos
Fernando Epelde e Rafa Vilar, gañadores da I edición dos Premios SELIC de creación literaria. Os galardóns impulsados polo Concello de Santiago buscan "incrementar a presenza de Compostela na literatura escrita en galego", pois as obras presentadas deben ter a cidade como marco de acción ou referencia fundamental
Os traballadores de Alcoa volveron saír á rúa este venres, manifestándose polas rúas da Coruña para esixir a continuidade da factoría de Aluminios e dos seus empregos
Trote, a primeira longametraxe de Xacio Baño, estréase este venres nunha ducia de cines de toda Galicia e outros sete do resto de España. O filme, protagonizado por María Vázquez e Celso Bugallo, foi seleccionado polos festivais de Locarno e Donostia. "Por moito que reneguemos do animal, do instinto, do primitivo, sempre vai ser parte de nós, e ademais é bo porque nos completa", dicía o director nesta entrevista.
O PP impide, a través do presidente do Parlamento, que a oposición poida usar espazos comúns da Cámara para a súa comisión paralela sobre os recortes sanitarios. En Marea, PSdeG e BNG terán que empregar as súas propias salas do Pazo do Hórreo para escoitar as comparecencias dos afectados polos recortes sanitarios que vetou o PP e que os tres grupos se puxeron de acordo en organizar entre eles.
O Colexio de Xornalistas responde ao presidente da Xunta, que este xoves se negou a responder unha pregunta dun xornalista de TVE-Galicia sobre o Venres Negro e a situación dos medios públicos galegos: "Ten previsto tomar algunha medida ou merécelle algún comentario o venres negro 30 na CRTVG?". Nas redes sociais un gran número de profesionais están utilizando a etiqueta #EuTaménReiteroPregunta