A Plataforma Mina Touro O Pino NON denuncia un novo desbordamento da balsa mineira de Bama (Touro). Nos últimos meses a concesionaria Explotaciones Gallegas, foi multada en dúas ocasións, con 30.000 e 20.000 euros, por feitos semellantes. Podes ver aquí un vídeo do desbordamento
