Núñez Feijóo afirma que Galicia nunca tivo "tantos medios" en saúde, pero o que necesita "son médicos" e responsabiliza da súa carencia ao Goberno central. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, incidiu na mesma idea, recoñecendo que "hai una sobrecarga na Atención Primaria" pero afirmando que "a Xunta quere contratar máis médicos, pero non os atopa".