Francisco Rodríguez presenta os datos do seu patrimonio e anuncia que non dimitirá. Porén, ante a retirada de apoio do BNG, que o insta a "abandonar a alcaldía para non causar prexuizo á institución” afirma que "se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente". Sectores do PSdeG tamén estarían presionando para que abandone o seu posto.
