O Goberno catalán mantén suspendidos os trámites da consulta nos que tería que intervir persoal público, pero segue cos preparativos no ámbito parlamentario. En Vilaweb

O Goberno catalán mantén suspendidos os trámites da consulta nos que tería que intervir persoal público, pero segue cos preparativos no ámbito parlamentario. En Vilaweb
El Diario relata a historia dos soldados considerados "traidores" por Israel ao negárense a ocupar Palestina.
Un asesor de Fomento critica a difusión dos vídeos do accidente de Angrois porque "danan a marca España". Cóntao El País
Miguel Arias Cañete preséntase ante os eurodeputados e eurodeputadas como un "defensor das enerxías renovables" e elude responder á pregunta de se familiares seus posúen empresas petrolíferas.
Vítimas de Angrois protestan contra o novo ministro de Xustiza ante o Ministerio. Cualifican de "inhumano e irresponsable" a Rafael Catalá, de quen xa criticaran o seu nomeamento. Unha das vítimas, ex concelleira do PP, acúsao de presionala para non criticar a Renfe e Adif durante a súa convalecencia.
Ás 18:00 comeza o exame a Miguel Arias Cañete na Eurocámara. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Lidia Senra e Ana Miranda participan en Bruxelas na mobilización que, baixo o lema #StopCañete, rexeita o nomeamento do ex ministro de Agricultura como comisario de Enerxía e Clima. O popular sométese esta tarde ao exame da Eurocámara.
O BNG abre un espazo en Reddit para debater co seu voceiro parlamentario, Francisco Jorquera, propostas para o debate de política xeral da vindeira semana.
Carlos Añón denuncia nun artigo en El Diario que o anuncio do Goberno do PP de elevar a 18 anos a idade para decidir sobre o aborto sen consentimento dos pais "agacha, baixo un uso falaz do argumento de protexer o feto, o obxectivo de aumentar a tutela paternalista fronte á liberdade e autonomía das mulleres"