Lidia Senra e Ana Miranda participan en Bruxelas na mobilización que, baixo o lema #StopCañete, rexeita o nomeamento do ex ministro de Agricultura como comisario de Enerxía e Clima. O popular sométese esta tarde ao exame da Eurocámara.

Lidia Senra e Ana Miranda participan en Bruxelas na mobilización que, baixo o lema #StopCañete, rexeita o nomeamento do ex ministro de Agricultura como comisario de Enerxía e Clima. O popular sométese esta tarde ao exame da Eurocámara.
O BNG abre un espazo en Reddit para debater co seu voceiro parlamentario, Francisco Jorquera, propostas para o debate de política xeral da vindeira semana.
Carlos Añón denuncia nun artigo en El Diario que o anuncio do Goberno do PP de elevar a 18 anos a idade para decidir sobre o aborto sen consentimento dos pais "agacha, baixo un uso falaz do argumento de protexer o feto, o obxectivo de aumentar a tutela paternalista fronte á liberdade e autonomía das mulleres"
Un xulgado de Lugo volve obrigar a limitar o horario e o son das festas do San Froilán a instancias dunha vintena de veciños de rúas próximas ao recinto feiral que pugnan contra as patronais luguesas dende 2012. Recólleo El Progreso
A Marea Atlántica confirma que se vai presentar ás eleccións municipais na Coruña e convoca unha asemblea aberta para o 17 de outubro. Máis información, hoxe en Praza.
O delegado do Goberno central, Samuel Juárez, atribúe o ataque á casa consistorial de Baralla ao "modus operandi de Resistencia Galega". Recólleo Faro de Vigo
Multadas dúas mulleres que na última procesión do Corpus en Lugo levaron carteis nos que denunciaban a violencia machista e a pasividade da Igrexa ante este problema. Un membro dunha das confrarías arrincoulles os cartaces.
Os Tedax inspeccionan a casa do Concello de Baralla á procura da orixe da explosión da pasada madrugada, que tamén afectou a algunhas das vivendas lindeiras, segundo La Voz. O delegado do Goberno central explica na Radio Galega que o artefacto estaba composto por 3,5 quilos de pólvora. Mentres, o responsable de Protección Civil de Ourol fai responsable o BNG do acontecido.
Este 1 de outubro Google pecha definitivamente Orkut, a súa primeira rede social, creada en 2004, que acadou un éxito notable en Brasil e na India.