Fálase
- PublicidadePublicidade
O delegado do Goberno central, Samuel Juárez, atribúe o ataque á casa consistorial de Baralla ao "modus operandi de Resistencia Galega". Recólleo Faro de Vigo
- PublicidadePublicidade
Multadas dúas mulleres que na última procesión do Corpus en Lugo levaron carteis nos que denunciaban a violencia machista e a pasividade da Igrexa ante este problema. Un membro dunha das confrarías arrincoulles os cartaces.
- PublicidadePublicidade
Os Tedax inspeccionan a casa do Concello de Baralla á procura da orixe da explosión da pasada madrugada, que tamén afectou a algunhas das vivendas lindeiras, segundo La Voz. O delegado do Goberno central explica na Radio Galega que o artefacto estaba composto por 3,5 quilos de pólvora. Mentres, o responsable de Protección Civil de Ourol fai responsable o BNG do acontecido.
- PublicidadePublicidade
Este 1 de outubro Google pecha definitivamente Orkut, a súa primeira rede social, creada en 2004, que acadou un éxito notable en Brasil e na India.
- PublicidadePublicidade
Mariano Rajoy pechou en Pequín un acordo co magnate chinés Wang Jianlin para construír en Madrid una gran "cidade de ocio", segundo publica este mércores El Confidencial, que o cualifica xa de "Eurovegas chinés"
- PublicidadePublicidade
Máis de 25 colectivos apoian xa a manifestación contra as touradas que se celebrará o vindeiro sábado na Coruña.
- PublicidadePublicidade
A TVG anuncia o lanzamento dunha canle cultural en Internet.
- PublicidadePublicidade
O Parlamento Europeo examina este mércores a candidatura de Cañete para ser comisario. Un grupo de eurodeputados da esquerda están a desenvolver unha campaña contra o seu nomeamento.
- PublicidadePublicidade
O Goberno de España envía de urxencia 180 antidisturbios a Catalunya aínda que a competencia de seguridade cidadá dos Mossos. Cóntao El Diario
- PublicidadePublicidade