![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51458f9282f99-2013-03-1710.47.05.jpg)
Fálase
- Guillerme Vázquez vén de pronunciar a súa derradeira intervención como portavoz nacional do BNG, proclamando o seu "orgullo" de ser do Bloque.
Xa está en marcha a Asemblea Nacional do BNG. Toda a información ao longo do día en Praza.
En Vilagarcía de Arousa viviu durante moitos anos e morreu un afillado de Carlos Marx, segundo conta La Voz de Galicia. Charles Lessner era un enxeñeiro de minas inglés que casou con Josefina Porto, filla dos donos da pousada na que se hospedaba.
A Torre de Hércules iluminouse de verde este sábado polo San Patricio. O vínculo da Torre con Irlanda ten a súa orixe no Libro das Invasións.
Faro de Vigo dedica o seu editorial ás peaxes en Portugal, que considera "o maior ataque á Eurorrexión"
O Goberno avanza no camiño de legalizar o fracking. O Consello de Ministros aprobou o 1 de marzo un anteproxecto de lei sobre sistemas eléctricos no que incluiu un apartado de control ambiental para esta técnica.
El País difunde un vídeo que amosa que soldados españois maltrataron prisioneros iraquís en Diwaniya. “¡Jo! A este se lo han cargado ya”, escóitase
Gales proclamouse esta tarde campiona do Seis Nacións ao derrotar a Inglaterra por 30-3. No outro partido deste sábado Italia gañoulle a Irlanda 22-15.
Fiare está celebrando a súa asemblea anual na que dará os últimos pasos para comezar a operar como entidade de banca ética.
Realizan versións hackeadas de Donkey Kong e Super Mario nas que é a princesa a que rescata a Mario. A filla de tres anos de Mike Mika preguntoulle se podería xogar coa princesa de protagonista e o pai pasou unha noite modificando o código orixinal. Pódense descargar aquí e aquí