O PSdeG presentará unha iniciativa parlamentaria para pedir a marcha do Valedor amparándose nun artigo da propia lei do defensor que establece como causa do cesamento "o notorio incumprimento das súas obrigas e deberes no cargo".
Fálase
Ferrín asegura que o empresariado galego "nunca tuvo un compromiso máis que consigo mesmo" e cre que os empresarios do país "nunca lle fixeron caso a Valentín Paz Andrade nin llo farán nunca". O presidente da Academia reflexiona sobre a figura do homenaxado polas Letras Galegas nunha entrevista a Europa Press.

O PPdeG defende o Valedor do Pobo e rexeita "criminalizalo" porque só "achega a súa opinión". Máis información esta tarde en Praza.
O PPdeG defende o Valedor do Pobo e rexeita "criminalizalo" porque só "achega a súa opinión". Máis información esta tarde en Praza.
Deportes. O galego Iván Raña busca esta fin de semana en Huatulco (México) unha praza nos Xogos Olímpicos de Londres. O triatleta de Ordes intentará sumar nesta terceira proba da Copa do Mundo os puntos que lle dean o pase á cita olímpica.
A CDU de Merkel advirte que non haberá cambios no pacto fiscal aínda que gañe Hollande. "A disciplina fiscal non debe debilitarse, porque iso derivaría nunha espiral de endebedamento en Europa", din os democristianos.
Máis dos 60% dos concellos galegos tería que fusionarse se o Goberno mantén o seu plan para os municipios. O Ministerio de Facenda establece que a cifra mínima de habitantes por municipio non debe ser menor ás 5.000 persoas, algo que ocorre en 189 dos 315 concellos do país.
PSOE e PP non chegan a un acordo na FEMP sobre o novo papel das deputacións. Os dous partidos envía dúas propostas diferentes a Facenda. Mentres os socialistas apostan por que dean servizo aos concellos pequenos, os populares queren aumentar as súas competencias.
A Xunta matiza a cualificación de S&P e "precisa" que o rating de Galicia debería ser "un chanzo superior" ao do Estado, pero aclara que a axencia non permite que unha comunidade autónoma, agás as forais, teña unha nota superior á estatal.