A CDU de Merkel advirte que non haberá cambios no pacto fiscal aínda que gañe Hollande. "A disciplina fiscal non debe debilitarse, porque iso derivaría nunha espiral de endebedamento en Europa", din os democristianos.
A CDU de Merkel advirte que non haberá cambios no pacto fiscal aínda que gañe Hollande. "A disciplina fiscal non debe debilitarse, porque iso derivaría nunha espiral de endebedamento en Europa", din os democristianos.
Máis dos 60% dos concellos galegos tería que fusionarse se o Goberno mantén o seu plan para os municipios. O Ministerio de Facenda establece que a cifra mínima de habitantes por municipio non debe ser menor ás 5.000 persoas, algo que ocorre en 189 dos 315 concellos do país.
PSOE e PP non chegan a un acordo na FEMP sobre o novo papel das deputacións. Os dous partidos envía dúas propostas diferentes a Facenda. Mentres os socialistas apostan por que dean servizo aos concellos pequenos, os populares queren aumentar as súas competencias.
A Xunta matiza a cualificación de S&P e "precisa" que o rating de Galicia debería ser "un chanzo superior" ao do Estado, pero aclara que a axencia non permite que unha comunidade autónoma, agás as forais, teña unha nota superior á estatal.
Cospedal asegura que o PSOE "quere que España se afunda para sacar tallada". A secretaria xeral do PP critica o "cinismo" e a "falta de vergonza" dos socialistas por acudir ás manifestacións do Primeiro de Maio.
O Goberno non recoñece "lexitimidade ningunha" á denominada Comisión Internacional de Verificación do alto ao fogo de ETA. O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, esixe a disolución da banda terrorista e di que lle abonda coas forzas de seguridade para "verificar".
Xapón apagará este sábado o seu último reactor nuclear operativo, na illa de Hokkaido, e quedará sen enerxía atómica por primeira vez en 40 anos.
S&P rebaixa dous chanzos a cualificación de Galicia. A axencia Standard & Poor's baixou a cualificación a nove autonomías, entre elas Galicia, que pasou de A a BBB+.
Baloncesto. O Breogán gaña en Menorca o primeiro partido dos play-off polo ascenso á ACB e recupera o factor cancha. O conxunto lucense venceu 64-69, o que lle dá a opción de sentenciar a eliminatoria na súa casa. O COB Ourense tamén gañou o primeiro partido do seu asalto á LEB Ouro ao Aurtenetxe (69-59).
O petroleiro que estivo 13 horas á deriva fronte á costa galega arrincou máquinas e navega sen problemas cara ao oeste. O British Osprey sufriu un fallo mecánico e estivo asistido polo buque Don Inda, de Salvamento Marítimo, durante todo o venres.