PSOE e PP non chegan a un acordo na FEMP sobre o novo papel das deputacións. Os dous partidos envía dúas propostas diferentes a Facenda. Mentres os socialistas apostan por que dean servizo aos concellos pequenos, os populares queren aumentar as súas competencias.
Fálase
A Xunta matiza a cualificación de S&P e "precisa" que o rating de Galicia debería ser "un chanzo superior" ao do Estado, pero aclara que a axencia non permite que unha comunidade autónoma, agás as forais, teña unha nota superior á estatal.
Cospedal asegura que o PSOE "quere que España se afunda para sacar tallada". A secretaria xeral do PP critica o "cinismo" e a "falta de vergonza" dos socialistas por acudir ás manifestacións do Primeiro de Maio.
O Goberno non recoñece "lexitimidade ningunha" á denominada Comisión Internacional de Verificación do alto ao fogo de ETA. O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, esixe a disolución da banda terrorista e di que lle abonda coas forzas de seguridade para "verificar".
Xapón apagará este sábado o seu último reactor nuclear operativo, na illa de Hokkaido, e quedará sen enerxía atómica por primeira vez en 40 anos.
S&P rebaixa dous chanzos a cualificación de Galicia. A axencia Standard & Poor's baixou a cualificación a nove autonomías, entre elas Galicia, que pasou de A a BBB+.
Baloncesto. O Breogán gaña en Menorca o primeiro partido dos play-off polo ascenso á ACB e recupera o factor cancha. O conxunto lucense venceu 64-69, o que lle dá a opción de sentenciar a eliminatoria na súa casa. O COB Ourense tamén gañou o primeiro partido do seu asalto á LEB Ouro ao Aurtenetxe (69-59).
O petroleiro que estivo 13 horas á deriva fronte á costa galega arrincou máquinas e navega sen problemas cara ao oeste. O British Osprey sufriu un fallo mecánico e estivo asistido polo buque Don Inda, de Salvamento Marítimo, durante todo o venres.
O British Osprey continúa cara ao oeste e o Don Inda, de Salvamento Marítimo, pon rumbo leste, cara á costa. O petroleiro está a case 31 millas de Corrubedo.
O British Osprey está agora a unhas 30 millas das costas de Ribeira. O buque de salvamento Don Inda asísteo a menos dunha milla de distancia.