A Xunta informa de que ás 13:30 Feijóo recibirá en San Caetano ao embaixador dos Estados Unidos en España, Alan D. Solomont. Xa se reuniran en 2011.
A Xunta informa de que ás 13:30 Feijóo recibirá en San Caetano ao embaixador dos Estados Unidos en España, Alan D. Solomont. Xa se reuniran en 2011.
#consellodaxunta Nava Castro será secretaria xeral de Turismo e correspóndelle pór en marcha a Axencia de Turismo de Galicia. Non recunca, polo tanto, na dirección xeral de Comercio. Ulpiano Villanueva, pola súa banda, vén de ser nomeado director da Axencia Tributaria de Galicia.
#consellodaxunta O Consello aproba o proxecto de Lei de Investigación e Innovación.
Fernández de Mesa comeza a declarar no xuízo do Prestige. Asegura que el dirá "a verdade", pero dubida que "outros fixesen o mesmo" durante a vista que se celebra na Coruña.
O PP di en Twitter que é "rotundamente alleo" a "calquera conta bancaria que non estea reflectida na súa contabilidade ante o Tribunal de Contas". Presuntamente, o seu ex tesoureiro, Luis Bárcenas, ocultou máis de 20 millóns de euros en Suíza.
O fiscal superior cre que o 90% dos afectados polas preferentes foron enganados. "Non coñezo ningún caso dunha actuación irregular destas dimensións", asegurou Carlos Varela no programa Foro Aberto, da TVG, tal e como recolle Economía Digital.
Navantia asegura que o flotel encargado por unha filial de Pemex comezarase a construír nunhas semanas. O presidente do estaleiro estatal confirmóullelo aos traballadores, segundo conta o presidente do comité de empresa a Europa Press.
Arsenio Fernández de Mesa declara esta mañá no xuízo do Prestige. O ex delegado do Goberno ten previsto prestar declaración como testemuña na vista que se celebra na Coruña.
O PP desenténdese do seu ex tesoureiro, Luis Bárcenas, quen presuntamente ocultou máis de vinte millóns de euros en contas en Suíza cando xestionaba as contas internas do partido. Na Cadena SER
Un informe da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria relaciona os pesticidas coa morte masiva das abellas