Deportivo e Lugo seguen adiante na Copa do Rei tras vencer nos penaltis a Córdoba (2-2) e Mirandés (1-1) respectivamente. No partido dos branquiazuis foi necesario lanzar 28 penaltis.
Fálase
Rusia paraliza todos os proceso de adopción con países que legalizaron as unións homosexuais, entre elas España. Tamén prohibiu a adopción por parte de familias monoparentais.
Os incendios queimaron máis de mil hectáreas este mércores en Galicia. O lume ameazou vivendas en Carnota, preto do monte Pindo, Negreira e A Fonsagrada, e tamén se decretou o nivel 1 de alerta en Porto do Son. A esta hora seguen activos, e preocupa especialmete o de Carnota.
A unha semana das eleccións en Alemaña, as sondaxes indican que Angela Merkel gañará os comicios con comodidade (39%), e que os seus socios da FPD superarán o 5% necesario para obter representación (6%). O SPD mellora as súas posicións até o 25% dos votos, e tamén sube Die Linke até o 10%. Baixan os Verdes, que quedan no 9%.
Dúas mil persoas participaron no experimento de democracia directa do deputado de Compromís-Equo, Joan Baldoví, que votará este xoves as emendas á lei de transparencia en función do que decidiron os participantes na iniciativa a través de Internet
Miguel Cardenal, secretario de Estado para o Deporte, recoñece agora que “as posibilidades de Madrid 2020 non eran tan altas como se trasladou”
Un grupo de extrema dereita ataca a delegación da Generalitat en Madrid. Varios dos asistentes á celebración da Diada foron agredidos.
Máis de millón e medio de persoas participou na Via Catalana, segundo datos da Generalitat. Imaxe de @assemblea.
A Xunta agarda que os floteis comecen a construírse neste "outono", case un ano despois do que asegurara o Goberno.
Anova participou tamén nos actos da Diada, xunto á comitiva de ERC