A Xunta agarda que os floteis comecen a construírse neste "outono", case un ano despois do que asegurara o Goberno.
Fálase
Anova participou tamén nos actos da Diada, xunto á comitiva de ERC
O deputado do PP Javier Dorado acusa as formacións nacionalistas galegas de "babear" e facer o "ridículo" nos actos da Diada Nacional de Catalunya
O BNG participou nos actos de celebración da Diada convidado por ERC. Dende Barcelona Xavier Vence destacou que “esta sociedade está na recta final para a construción da nación catalá, nun proceso imparable que afronta sen medo ao futuro”.
Rafael Cuíña, Paulo Carlos López, Xoán Antón Pérez-Lema e Rafael Calvo representaron a Compromiso por Galicia nos actos institucionais da Diada. Mantiveron un encontro co presidente Artur Mas e xuntanzas con Bloc Nacionalista Valenciá, Aralar, Eusko Alkartasuna e Convergència Democràtica de Catalunya, entre outras organizacións
Vilaweb recompila a repercusión da Vía Catalana na prensa internacional, incluíndo medios galegos.
Novagalicia propón aos sindicatos unha rebaixa do 24% do soldo para os traballadores de EVO Banco. Negocian para pechar a venda a Apollo.
Un incendio pon en perigo tres núcleos de poboación en Negreira e outros dous na Fonsagrada. A superficie queimada na Fonsagrada supera as 100 hectáreas, semellante á de Negreira.
O diario británico The Guardian pídelle ao seu público que envíe imaxes da Vía Catalana, á que lle está a prestar unha gran atención informativa.
A presidenta do Parlamento expulsa do hemiciclo a deputada de AGE Consuelo Martínez polas súas protestas tras a intervención da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, á que lle realizou unha pregunta sobre POVISA. Pilar Rojo advirte de que Martínez tampouco poderá participar no vindeiro pleno.