Novagalicia propón aos sindicatos unha rebaixa do 24% do soldo para os traballadores de EVO Banco. Negocian para pechar a venda a Apollo.
Fálase
Un incendio pon en perigo tres núcleos de poboación en Negreira e outros dous na Fonsagrada. A superficie queimada na Fonsagrada supera as 100 hectáreas, semellante á de Negreira.
O diario británico The Guardian pídelle ao seu público que envíe imaxes da Vía Catalana, á que lle está a prestar unha gran atención informativa.
A presidenta do Parlamento expulsa do hemiciclo a deputada de AGE Consuelo Martínez polas súas protestas tras a intervención da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, á que lle realizou unha pregunta sobre POVISA. Pilar Rojo advirte de que Martínez tampouco poderá participar no vindeiro pleno.
FACUA felicítase do anuncio realizado hoxe por Movistar de que liberará os terminais dos seus clientes e eliminará os compromisos de permanencia. A asociación de defensa dos consumidores, que leva anos recamando esta medida, sinala que "se trata do maior logro na defensa dos usuarios do sector das telecomunicacións"
O iPhone barato de Apple, acusado de violar dereitos laborais. A empresa acumula denuncias polas súas condicións laboraies abusivas nas súas fábricas de produción en China
Centos de milleiros de cataláns forman a Via Catalana que une a costa catalá desde Francia até a Comunitat Valenciana para reclamar a independencia. Pódese seguir ao vivo en TV3. Imaxe de @dvmarin.
80 traballadores de T-Solar denunciaron a súa situación ante o Parlamento, reclamando a intervención da Xunta no conflito laboral que viven dende antes do verán e no que están en xogo 200 postos de traballo.
Un investigador presenta en Vigo unha ferramenta para captar imaxes do espazo con resolución extrema. Roberto López deseñou ao abeiro da súa tese de doutoramento o sistema FastCam
Terceiro revés xudicial á privatización sanitaria en Madrid. O TSJM suspende o concurso para xestionar seis hospitais da comunidad