A taxa de paro en España seguirá crecendo o vindeiro ano, segundo un informe publicado hoxe pola OCDE. O organismo cre que a finais de 2012 a taxa chegará ao 24,5% e que en 2013 se situará no 25,3%
Fálase
Vigo acollerá este mércores o congreso internacional Privacy Enhancing Technologies Symposium, centrado na privacidade e protección de datos na Rede. O obxectivo é favorecer a divulgación de avances para o deseño de ferramentas que non entren en conflito co dereito á intimidade dos usuarios.
O Club Deportivo Lugo inaugurará o seu retorno á Segunda División enfrontándose ao Hércules na primeira xornada de liga
A xuíza que instrúe o caso Campeón arquiva a causa contra o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco. Adiántao Galiciae.
Xa hai datas para os derbis galegos en Primeira División: o calendario da Liga determina que o Celta-Dépor se xogará o 28 de outubro de 2012 e o Dépor-Celta, o 17 de marzo de 2013
O rei presidirá o Consello de Ministros "deliberante" do vindeiro venres, no que se prevé que o Goberno central aplique duras medidas de recorte. Non acontecía dende maio de 2008.
A Audiencia Nacional admite a querela presentada polo 15M contra os directivos de Bankia e imputa a Rato e a todo o seu consello de administración. Súmase á querela de UPyD admitida hai unhas semanas, pero aumenta os cargos. A iniciativa, bautizada como QuerellapaRato, financiouse grazas á colaboración cidadá e o crowdfunding e recadou case 20.000 euros en menos de 24 horas.
Convocan en Ferrol unha concentración en solidariedade cos mineiros de Asturias, León e Teruel. Será ás nove da noite na Praza do Himno Galego, no barrio de Esteiro
O tribunal europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo rexeita a Doutrina Parot, aplicada dende 2006 a 60 presos, principalmente etarras, e que supoñía a obriga do cumprimento íntegro da pena máxima (30 anos). A sentenza obriga, ademais, a indemnizar e poñer en liberdade a Inés del Río, que leva 25 anos na cadea. A sentenza pódese consultar aquí.
Vilaweb destaca que hoxe fan dous anos da masiva manifestación en Barcelona polo recorte do Estatut de Autonomía realizado polo Tribunal Constitucional, e que analiza como o inicio dun proceso soberanista. Tamén o analiza deste xeiro Ara, que di que dous anos despois son imposibles "os camiños do medio"