Convocan en Ferrol unha concentración en solidariedade cos mineiros de Asturias, León e Teruel. Será ás nove da noite na Praza do Himno Galego, no barrio de Esteiro
Fálase
O tribunal europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo rexeita a Doutrina Parot, aplicada dende 2006 a 60 presos, principalmente etarras, e que supoñía a obriga do cumprimento íntegro da pena máxima (30 anos). A sentenza obriga, ademais, a indemnizar e poñer en liberdade a Inés del Río, que leva 25 anos na cadea. A sentenza pódese consultar aquí.
Vilaweb destaca que hoxe fan dous anos da masiva manifestación en Barcelona polo recorte do Estatut de Autonomía realizado polo Tribunal Constitucional, e que analiza como o inicio dun proceso soberanista. Tamén o analiza deste xeiro Ara, que di que dous anos despois son imposibles "os camiños do medio"
Hoxe ao mediodía uniranse na Porta do Sol todas as marchas de mineiros, e chegarán a Madrid 500 autobuses de Asturias, León, Aragón e Andalucía para apoialos e preparar a manifestación convocada para mañá
Europa dálle a España un ano máis de marxe, até o 2014, para reducir o seu déficit público, do 8,9% actual, ao 3%.
250 persoas, mineiros e familiares, cortan de madrugada a N-630 e a vía do tren en Ciñera (León), que leva toda a noite sen electricidade. O alcalde pídelle "man esquerda" á Delegación do Goberno.
Europa imponlle a España unha intervención da súa economía. Os ministros de Finanzas da UE acordaron esta madrugada mobilizar urxentemente 30.000 millóns de euros para calquera emerxencia no sector financeiro. En contraprestación Bruxelas impón condicións aos bancos rescatados e tamén novas obrigas de política económica (posiblemente a suba do IVE), que se asinarán o 20 de xullo. O capital inxectarase a través do FROB e computará como débeda pública.
López Obrador solicitará ante os tribunais a invalidez das eleccións mexicanas. O líder do PRD, que pedirá este xoves que se anulen os resultados, acusa o PRI de mercar 5 millóns de votos. O propio presidente Felipe Calderón cualificou de "inaceptable" a compa de votos, pero considera que non é motivo abondo para anular os comicios, por mor da diferenza coa que se impuxo Peña Nieto.
Un corredor sen medalla por competir coa selección catalá. Cóntao Vilaweb.
José Luis Méndez seguirá sendo fillo predilecto do Concello da Coruña. O Goberno municipal nin sequera admitiu que se debatese no pleno a moción presentada polo BNG que solicitaba a retirada da distinción, por mor da súa xestión á fronte de Caixa Galicia e de escándalos coma o das participacións preferentes ou o cobro dunha indemnización de 16,5 millóns de euros pola súa xubilación.