A CEOE pide despido gratis para o primeiro ano de todos os contratos fixos, estendendo así o período de proba presente nos contratos para emprendedores
Fálase
A empresa canadiana de capital risco Solid Resources proxecta abrir en tres anos en Forcarei a meirande mina de tantalio de Europa
O Comité Olímpico Internacional insta á candidatura de Barcelona a renunciar a organizar os xogos de inverno de 2022. O alcalde da cidade anunciará hoxe o abandono do proxecto.
O colexio de Os Dices (Rois), campión do concurso de robótica Volare Space Robotics Competition, que organiza a Axencia Espacial Europea e que se celebrou en Holanda.
Editan en HTML5 o popular videoxogo Super Mario Bros para xogar online. Aínda está en fase beta pero xa pode ser utilizado, polo momento só co navegador Google Chrome.
A Xunta anuncia que "manterá" o orzamento de cooperación exterior nas contas de 2014. Isto implica manter o recorte acumulado dun 65% nestas partidas.
Galiza Ano Cero lanza un adianto do seu programa de debate, que estreará mañá. Neste primeiro espazo abordarán a utilidade dos parlamentos.
A multinacional Edgewater advirte de que solucionará a insolvencia financeira que provocou a negativa da Xunta á mina de Corcoesto e lembra nun comunicado que o rexeitamento produciuse "en plena turbulencia financeira". Asegura que seguirá adiante co polémico proxecto mineiro.
O humor gráfico centrará o X Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI, e que se celebrará o 26 de outubro en Compostela
Santiago Cortegoso gaña o III Premio de Teatro Mome Varela Buxán, dotado con seis mil euros, coa súa obra Smoke on the water. O xurado destacou a arquitectura dramática, as personaxes e a precisión dos seus diálogos.