No Día de Nadal, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Boas festas de parte da redacción de Praza e de todo o equipo da Fundación Praza Pública.
Deixamos moito para lerdes e o martes estamos de volta!
Fálase
A portavoz do Goberno central e ministra de Educación, Pilar Alegría, pide a dimisión do concelleiro do PP de Cangas José Luis Gestido, que ameazou coa man erguida unha edil socialista. "Ten que dimitir. As agresións físicas non poden consentirse xamais", di a voceira do Executivo de España.
VÍDEO | O PSdeG denuncia a agresión dun concelleiro do PP á portavoz socialista no pleno do Concello de Cangas. O partido pide a Alfonso Rueda a dimisión do edil implicado na "intolerable agresión física e verbal" a Iria Malvido.
Falece unha persoa nunha liorta no centro da Coruña. O corpo, presuntamente con feridas de arma branca, apareceu tendido na rúa Sinfónica de Galicia, na zona céntrica da cidade. Imaxe: TVG
O vídeo de Nadal do PPdeG sitúa Alfonso Rueda ao volante dun autobús e reivindica o "me gusta la fruta" eufemismo popularizado por Isabel Díaz Ayuso, que ironizou con ese lema logo de insultar o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez.
O BNG lanza un vídeo de Nadal no que avanza "unha Galiza mellor con Ana Pontón como presidenta". "É tempo de ilusión e de confiar", di a candidata do Bloque na peza.
Feijóo pide a Sánchez que "os medios de comunicación públicos poidan traballar sen inxerencias" e o "nomeamento por consenso" da dirección da RTVE. Defende A Galega retruca lembrando que "nunca houbo na CRTVG maior inxerencia que a exercida pola Xunta que presidiu Feijóo e agora o seu sucesor" e que en Galicia hai anos que se "vulnera a lei cun director xeral nomeado a dedo".
O segundo premio da Lotería de Nadal deixa máis de 200 millóns entre A Coruña e O Grove. O 'gordo' reparte 8 millóns na Pobra e algún outro premio noutros 16 concellos.
Ás 9 da mañá comeza o sorteo da Lotaría do Nadal. Podes comprobar os números premiados na web oficial de Loterías y Apuestas del Estado.
Feijóo fará campaña nas eleccións galegas con caravana propia, paralela á de Alfonso Rueda. O líder do PP seguirá o modelo que xa probou en Andalucía con Juanma Moreno e participará nunha campaña na que tamén estará Mariano Rajoy.