Ás 9 da mañá comeza o sorteo da Lotaría do Nadal. Podes comprobar os números premiados na web oficial de Loterías y Apuestas del Estado.
Fálase
Feijóo fará campaña nas eleccións galegas con caravana propia, paralela á de Alfonso Rueda. O líder do PP seguirá o modelo que xa probou en Andalucía con Juanma Moreno e participará nunha campaña na que tamén estará Mariano Rajoy.
Jácome cre que situar as eleccións no Entroido é "un claro desprezo a Ourense". O alcalde ourensán e líder de Democracia Ourensana cre que, malia todo, a súa formación será "chave do futuro goberno da Xunta".
O deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, rematou este mércores o derradeiro Pleno do ano, como vén sucedendo nos últimos anos, cunha panxoliña aplaudida por todo o Parlamento de Galicia. Mini reivindicou a tradición musical galega fronte a panxoliñas importadas.
O BOE publica a sentenza do Constitucional adiantada este mércores por Praza.gal que revela que a Xunta lamentou que o imposto estatal ás grandes fortunas non deu tempo aos ricos a mudar a súa residencia fiscal.
As traballadoras da limpeza encadéanse no Concello de Lugo para reclamar a intervención do goberno municipal no seu conflito coa patronal, polo que suman máis de tres meses en folga.
O Goberno de España comprará o 10% de Telefónica e converterase no seu primeiro accionista. A decisión, que suporá un gasto de 2.000 millóns, trata de contrarrestar a entrada do capital saudita na compañía.
Besteiro fixa para o 30 de decembro a apertura da autovía A-6 dirección Madrid. O presidente da Comisión de Transportes no Congreso e candidato socialista á Xunta anuncia tamén a reapertura, esa semana, dun carril da A-6 en sentido A Coruña, tras a reparación do noiro de Becerreá.
A plataforma SOS Sanidade Pública concéntrase ante o Parlamento en protesta contra os orzamentos da Xunta por "perpetuar a crise e o desmantelamento da sanidade pública". Máis información, hoxe en Praza.gal.
O Ministerio de Traballo e o de Economía acordan a reforma do subsidio de desemprego, que amplía a contía e as persoas beneficiarias. Pasará dos 480 euros actuais aos 570 nos seis primeiros meses, segundo adianta a Cadena SER.