As traballadoras da limpeza encadéanse no Concello de Lugo para reclamar a intervención do goberno municipal no seu conflito coa patronal, polo que suman máis de tres meses en folga.
Fálase
O Goberno de España comprará o 10% de Telefónica e converterase no seu primeiro accionista. A decisión, que suporá un gasto de 2.000 millóns, trata de contrarrestar a entrada do capital saudita na compañía.
Besteiro fixa para o 30 de decembro a apertura da autovía A-6 dirección Madrid. O presidente da Comisión de Transportes no Congreso e candidato socialista á Xunta anuncia tamén a reapertura, esa semana, dun carril da A-6 en sentido A Coruña, tras a reparación do noiro de Becerreá.
A plataforma SOS Sanidade Pública concéntrase ante o Parlamento en protesta contra os orzamentos da Xunta por "perpetuar a crise e o desmantelamento da sanidade pública". Máis información, hoxe en Praza.gal.
O Ministerio de Traballo e o de Economía acordan a reforma do subsidio de desemprego, que amplía a contía e as persoas beneficiarias. Pasará dos 480 euros actuais aos 570 nos seis primeiros meses, segundo adianta a Cadena SER.
Parlamento, Xunta, Concello e Igrexa comezan o desenvolvemento da lei que consagra o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres como "símbolo da identidade do pobo galego e da súa continuidade histórica". As catro institucións reuníronse este luns para iniciar a constitución da Fundación que xestionará o Panteón.
O Tribunal Supremo desestima o recurso presentado por Granada contra a escolla da Coruña como sede da AESIA, pois entende que a decisión do Goberno central estivo fundamentada. A Axencia Estatal para a Supervisión da Intelixencia Artificial estará, polo tanto, na cidade herculina.
Anova desbota un acordo con Sumar para as galegas, nas que a formación de Yolanda Díaz ofreceu a candidatura a Martiño Noriega. Europa Press publica na súa web que a formación nacionalista tamén mantivo encontros formais co BNG sen resultados aínda concretos. Na imaxe, Díaz e Beiras en 2012 na configuración de Alternativa Galega de Esquerda.
As Tanxugueiras fan historia no Coliseum da Coruña. Olaia, Aida e Sabela son xa, outra vez, as protagonistas dun dos principais acontecementos culturais do ano en Galicia. As Tanxugueiras encheron este sábado o Coliseum da Coruña de boa música en galego para facer historia xunto a artistas convidados como Mondra, Fillas de Cassandra, Rayden, Rozalén ou Guadi Galego.
[Foto: Concello da Coruña]
Ana Pontón: “Quero ser a presidenta que defenda a saúde dos galegos e as galegas e poña fin a 14 anos de recortes na sanidade” . “Urxe darlle a volta a unha situación de acoso e derribo á sanidade pública tras 14 anos de goberno do PP, que deixa unha sanidade peor da que encontrou”, asegurou este sábado a candidata do BNG á Presidencia da Xunta durante o último dos foros sectoriais, neste caso dedicado á sanidade, que o BNG está celebrando xunto a profesionais de distintos ámbitos para conformar o seu programa electoral.