Yolanda Díaz apelou este sábado ao BNG e PSdeG a “un traballo conxunto para gañar a Xunta”
Yolanda Díaz apelou este sábado ao BNG e PSdeG a “un traballo conxunto para gañar a Xunta”. “Temos diferenzas, pero quero transmitir esperanza e capacidade de traballo conxunto para chegar á Xunta igual que para o Goberno de España, porque é posible e necesario”, indicou a líder da forza política na presentación de Sumar Galicia na Coruña.
Díaz defendeu que é posible un cambio en Galicia, mais para iso será necesaria a presenza e os votos de Sumar Galicia para acadar un goberno de "esperanza, ilusión, feminismo, cultura, lengua galega e un país a favor".
Díaz evitou concretar quen será a persoa candidata á Xunta e delegou nos membros de Sumar Galicia a decisión. “O reto é voso”, asegurou.
"Hoxe bota a andar a alternativa da cidadanía progresista do noso país", indicou a líder do partido, que evitou concretar quen será a persoa candidata á Xunta. Díaz delegou nos membros de Sumar Galicia a decisión. “O reto é voso”, asegurou
"Sumar Galicia xa é a casa común de todas as persoas progresistas de Galicia”. “Esta é a casa das persoas que queremos dignidadade laboral para as enfermeiras en loita, dos bombeiros en folga, das persoas en situación de precariedade”, indicou Carlos Paulo López, portavoz de Sumar Galicia durante a súa intervención.
O acto celebrouse no salón pequeno do Palexco da Coruña, que segundo informaron distintas fontes, non chegou a encherse.