A plataforma SOS Sanidade Pública concéntrase ante o Parlamento en protesta contra os orzamentos da Xunta por "perpetuar a crise e o desmantelamento da sanidade pública". Máis información, hoxe en Praza.gal.
Fálase
O Ministerio de Traballo e o de Economía acordan a reforma do subsidio de desemprego, que amplía a contía e as persoas beneficiarias. Pasará dos 480 euros actuais aos 570 nos seis primeiros meses, segundo adianta a Cadena SER.
Parlamento, Xunta, Concello e Igrexa comezan o desenvolvemento da lei que consagra o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres como "símbolo da identidade do pobo galego e da súa continuidade histórica". As catro institucións reuníronse este luns para iniciar a constitución da Fundación que xestionará o Panteón.
O Tribunal Supremo desestima o recurso presentado por Granada contra a escolla da Coruña como sede da AESIA, pois entende que a decisión do Goberno central estivo fundamentada. A Axencia Estatal para a Supervisión da Intelixencia Artificial estará, polo tanto, na cidade herculina.
Anova desbota un acordo con Sumar para as galegas, nas que a formación de Yolanda Díaz ofreceu a candidatura a Martiño Noriega. Europa Press publica na súa web que a formación nacionalista tamén mantivo encontros formais co BNG sen resultados aínda concretos. Na imaxe, Díaz e Beiras en 2012 na configuración de Alternativa Galega de Esquerda.
As Tanxugueiras fan historia no Coliseum da Coruña. Olaia, Aida e Sabela son xa, outra vez, as protagonistas dun dos principais acontecementos culturais do ano en Galicia. As Tanxugueiras encheron este sábado o Coliseum da Coruña de boa música en galego para facer historia xunto a artistas convidados como Mondra, Fillas de Cassandra, Rayden, Rozalén ou Guadi Galego.
[Foto: Concello da Coruña]
Ana Pontón: “Quero ser a presidenta que defenda a saúde dos galegos e as galegas e poña fin a 14 anos de recortes na sanidade” . “Urxe darlle a volta a unha situación de acoso e derribo á sanidade pública tras 14 anos de goberno do PP, que deixa unha sanidade peor da que encontrou”, asegurou este sábado a candidata do BNG á Presidencia da Xunta durante o último dos foros sectoriais, neste caso dedicado á sanidade, que o BNG está celebrando xunto a profesionais de distintos ámbitos para conformar o seu programa electoral.
A lucense Isabel Pardo de Vera renuncia á presidencia do lobby de propietarios de vivendas de alugueiro tras a polémica polo seu inminente nomeamento. A ex-presidenta de Adif e ex-secretaria de Estado non presidirá finalmente a patronal inmobiliaria Asval en substitución do ex-alcalde de Barcelona, Joan Clos, tal e como adiantara El Confidencial.
O Goberno central aproba as subestacións que garanten o subministro eléctrico aos proxectos de Stellantis, As Pontes ou Meirama. O Ministerio para a Transición Ecolóxica abre o proceso para actuacións en Galicia que superan os 100 millóns de euros de cara a 2026.
A lucense Isabel Pardo de Vera, ex-presidenta de Adif e ex-secretaria de Estado, nova presidenta do lobby de propietarios de vivendas de alugueiro. Pardo de Vera será esta fin de semana relatora en materia de Cohesión Territorial na convención política que celebra o PSdeG para definir o seu programa para as eleccións galegas.