A lucense Isabel Pardo de Vera, ex-presidenta de Adif e ex-secretaria de Estado, nova presidenta do lobby de propietarios de vivendas de alugueiro. Pardo de Vera será esta fin de semana relatora en materia de Cohesión Territorial na convención política que celebra o PSdeG para definir o seu programa para as eleccións galegas.
Fálase
A patronal galega chama a votar por un goberno "estable" en Galicia, que espera que sexa "amigable co mundo empresarial". O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, pide á cidadanía que "vote con responsabilidade" nas futuras eleccións autonómicas. Xa despois do 23X reclamara un goberno "moderado" en España que reducise impostos aos riscos.
A Xunta aproba unha oferta de emprego de máis de 2.300 prazas en Educación, Administración Xeral, Sanidade e CRTVG a pouco das eleccións. O Consello deu luz verde ás Ofertas Públicas de Emprego para cubrir, entre outras, 1.750 prazas no ensino.
Yolanda Castaño gaña o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Economía e Poesía: rimas internas. A obra establece "un diálogo complexo, cheo
de luces e sombras, que interpela a colectivos, institucións, artistas e profesionais incidindo na aposta polo xusto pagamento aos labores do oficio de poeta alén das concesións militantes". O xurado destacou neste ensaio a súa capacidade para abrir un debate sobre a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar as e os traballadores da palabraDetido un home en Santiago tras acoitelar a súa parella. A muller foi trasladada ao Hospital Clínico tras ser agredida nun domicilio do barrio de Concheiros.
A policía desaloxa os representantes sindicais pechados na Consellería de Educación. CIG-Ensino, STEG e CSIF, que intentaron fixar unha reunión co conselleiro, denuncian a "actitude democrática" de Román Rodríguez.
Representantes dos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF péchanse na sede da Xunta en San Caetano á espera de ser recibidos polo conselleiro de Educación e "tras o éxito das mobilizacións deste primeiro trimestre" contra o acordo educativo asinado pola Administracións e mais CCOO, UGT e ANPE.
A COP28 remata cun acordo para acabar cos combustibles fósiles en 2050. Os países pactan por primeira vez poñer fin ao petróleo, o gas e o carbón nos vindeiros 30 anos, aínda que sen metas intermedias. Foto: COP28.
O empresario Carlos Mouriño, propietario do Celta, culmina a transferencia á súa filla Marián das súas responsabilidades á fronte da sociedade anónima deportiva. A entidade considera clave para o seu futuro o proxecto urbanístico e comercial da súa cidade deportiva, xa iniciada pero aínda pendente de autorización definitiva.
Morre José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié. Arias Mosquera foi, ademais, o derradeiro presidente do Banco Pastor ata a súa absorción en 2017 polo Santander.