Detido un home en Santiago tras acoitelar a súa parella. A muller foi trasladada ao Hospital Clínico tras ser agredida nun domicilio do barrio de Concheiros.
Fálase
A policía desaloxa os representantes sindicais pechados na Consellería de Educación. CIG-Ensino, STEG e CSIF, que intentaron fixar unha reunión co conselleiro, denuncian a "actitude democrática" de Román Rodríguez.
Representantes dos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF péchanse na sede da Xunta en San Caetano á espera de ser recibidos polo conselleiro de Educación e "tras o éxito das mobilizacións deste primeiro trimestre" contra o acordo educativo asinado pola Administracións e mais CCOO, UGT e ANPE.
A COP28 remata cun acordo para acabar cos combustibles fósiles en 2050. Os países pactan por primeira vez poñer fin ao petróleo, o gas e o carbón nos vindeiros 30 anos, aínda que sen metas intermedias. Foto: COP28.
O empresario Carlos Mouriño, propietario do Celta, culmina a transferencia á súa filla Marián das súas responsabilidades á fronte da sociedade anónima deportiva. A entidade considera clave para o seu futuro o proxecto urbanístico e comercial da súa cidade deportiva, xa iniciada pero aínda pendente de autorización definitiva.
Morre José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié. Arias Mosquera foi, ademais, o derradeiro presidente do Banco Pastor ata a súa absorción en 2017 polo Santander.
O PSdeG celebrará unha convención política os días 16 e 17 de decembro na Cidade da Cultura para definir o seu programa electoral. O candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este martes o evento no complexo do Gaiás e avanzou que os relatores serán o reitor en funcións da Universidade da Coruña, Julio Abalde, na mesa de Economía Verde; a ex-secretaria de Estado de Transportes Isabel Pardo de Vera na de Cohesión Territorial; o ex-ministro de Sanidade José Manuel Miñones na de Servizos Públicos; e Nieves Lagares, ex-decana de Ciencias Políticas en Santiago, na de autogoberno.
Baltar volve adiar a causa penal por conducir un coche oficial a 215 por hora. O Tribunal Supremo ofrecera ao popular, agora aforado por ser senador, declarar este martes voluntariamente, pero segundo publica Europa Press na súa web o seu avogado non puido comparecer por razóns de saúde e pediu unha nova data. A xuíza volveuno citar o 19 de decembro. Xa son varias as veces que Baltar logra adiar trámites xudiciais desde que foi interceptado pola Garda Civil en abril, hai 8 meses.
Morre a médica e feminista Lola Ferreiro. Especializada en Psiquiatría, foi tamén mestra no IES Lamas de Abade de Compostela. Formaba parte da Asociación Galega de Saúde Mental e da Marcha Mundial das Mulleres e mantivo durante décadas un grande activismo no feminismo galego, en defensa do dereito ao aborto e da despatriarcalización da medicina, sendo unha das fundadoras da Asociación Galega de Mulleres.
Javier Milei toma posesión como Presidente da República Arxentina e alerta dos duros recortes económicos que realizará na súa xestión, recoñecendo que "a economía empeorará antes de mellorar". Imaxe: Casa Rosada
- ENTREVISTA | Arturo Lezcano: "A presidencia de Bolsonaro tamén parecía imposible, pero el xa era político e Milei, nin tan sequera iso"
- OPINION | Joám Lopes Facal: Argentina, memória de coragem democrática em tempos adversos