Morre a médica e feminista Lola Ferreiro. Especializada en Psiquiatría, foi tamén mestra no IES Lamas de Abade de Compostela. Formaba parte da Asociación Galega de Saúde Mental e da Marcha Mundial das Mulleres e mantivo durante décadas un grande activismo no feminismo galego, en defensa do dereito ao aborto e da despatriarcalización da medicina, sendo unha das fundadoras da Asociación Galega de Mulleres.
