Ten lugar nestes momentos en Estocolmo a cerimonia de entrega dos Premios Nobel de Física (Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier), Química (Moungi Bawendi, Louis E. Brus e Alexey Ekimov), Medicina (Katalin Karikó e Drew Weissman), Economía (Claudia Goldin) e Literatura (Jon Fosse). Fosse escribe en nynorsk, unha das dúas normas oficiais do idioma noruegués, pero a menos usada pola poboación, con menos dun 15% de falantes fronte ao hexemónico bokmål.
