Feijóo premia a Baltar coa presidencia dunha comisión no Senado, o que supón cobrar máis, malia a súa causa penal pendente por conducir a 215 por hora un coche oficial. Europa Press publica na súa web que o popular ourensán presidirá a comisión de Despoboación e Reto Demográfico. Tras a súa saída da Deputación de Ourense, Baltar é senador por designación autonómica a proposta do PPdeG de Alfonso Rueda e agora logra un posto destacado na Cámara Alta grazas ao PP estatal de Feijóo.
