Besteiro comprométese a concluír a autovía AG-55 e a liberar a peaxe entre A Coruña e Carballo se chega ao goberno da Xunta. O candidato do PSdeG mantivo un encontro con alcaldes e representantes do partido na Costa da Morte.
Fálase
A galega Pilar Cancela, nova secretaria de Estado de Migracións. A que fora presidenta da xestora do PSdeG e ata agora secretaria de Estado de Cooperación Internacional ocupará un novo cargo dependente do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
O colapso de tráfico en Vigo obriga a suspender un acto da ministra Pilar Alegría. A chegada masiva de visitantes portugueses, que aproveitaron o festivo no seu país para achegarse ao Nadal vigués, provocan enormes atascos nos accesos á cidade. Na fotografía, imaxe dunha das cámaras de tráfico do Concello.
A Garda Civil confirma como asasinato machista a morte dunha muller en Oroso a mans do seu marido, que se suicidou despois. É o terceiro crime machista en Galicia neste 2023.
O PSOE celebrará en xaneiro na Coruña a súa conferencia política para marcar a "estratexia" da lexislatura. Os socialistas elixen Galicia xusto antes da celebración das eleccións autonómicas.
Rueda nega conversas co PNV sobre a data das eleccións e limítase a dicir que as galegas serán "durante o primeiro semestre do ano". O presidente da Xunta, do que depende en exclusiva a decisión, insinúa que as eleccións en Euskadi serán en función dos intereses do PNV mentres que el as convocará "en función dos intereses de Galicia".
Hoxe fai nove anos do asasinato do afeccionado deportivista Jimmy. O testemuño dunha muller provoca a reapertura do caso que foi arquivado varias veces e abre a porta a un novo xuízo sobre unha morte da que non se sinalaron culpables malia que testemuñas e policía apuntaron sempre a ultras do Atlético de Madrid, como lembra hoxe El País.
- HEMEROTECA | Toda a información do caso Jimmy
Morre aos 100 anos Henry Kissinger, un dos máximos responsables da represión da esquerda en América Latina ao tempo que normalizaba as relacións de EEUU coa URSS e China. [Imaxe: World Economic Forum]
BNG, ERC e EH Bildu plantan o rei na sesión de apertura da XV lexislatura no Congreso. As formacións nacionalistas critican a monarquía por non ser "elixida democraticamente" e acúsana de "intentar impoñer proxectos e valores antidemocráticos". "Non temos rei. Democracia, liberdade, Repúblicas", expresan na declaración feita pública pouco antes de iniciarse o acto.
Miguel López, El Hematocrítico, será despedido este mércores na Coruña nun acto civil. Será ás 19:30h no Tanatorio Albia e estará aberto a quen desexe achegarse desde a última hora deste martes.