O ERE de Telefónica afectará 339 empregados en Galicia. A compañía anunciou un "excedente funcional" de 5.124 postos de traballo ata 2026 en toda España.
Fálase
O paro baixa en 2.180 persoas en novembro en Galicia, que destrúe máis de 4.200 empregos. A cifra de persoas paradas queda en131.168, a máis baixa desde que hai rexistros neste mes no que, no entanto, a Seguridade Social perdeu 4.287 afiliacións de media. Máis información, hoxe en Praza.gal.
O Consello Xeral do Poder Xudicial cumpre este luns cinco anos co seu mandato caducado polo bloqueo do PP á súa renovación.
A comisión promotora de Sumar Galicia contará con representantes de CIG, CCOO e UGT, ademais de referentes culturais, para representar "a pluralidade do espazo progresista". Así o confirmou o portavoz da formación, Paulo Carlos López, nunha entrevista en RNE.
O galego Tariku Novales, novo récord de España de maratón. O noiés baixa de 2:06 minutos e obtén o billete para os Xogos Olímpicos de París. A súa marca é a mellor dun atleta española na historia desta proba.
Besteiro comprométese a concluír a autovía AG-55 e a liberar a peaxe entre A Coruña e Carballo se chega ao goberno da Xunta. O candidato do PSdeG mantivo un encontro con alcaldes e representantes do partido na Costa da Morte.
A galega Pilar Cancela, nova secretaria de Estado de Migracións. A que fora presidenta da xestora do PSdeG e ata agora secretaria de Estado de Cooperación Internacional ocupará un novo cargo dependente do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
O colapso de tráfico en Vigo obriga a suspender un acto da ministra Pilar Alegría. A chegada masiva de visitantes portugueses, que aproveitaron o festivo no seu país para achegarse ao Nadal vigués, provocan enormes atascos nos accesos á cidade. Na fotografía, imaxe dunha das cámaras de tráfico do Concello.
A Garda Civil confirma como asasinato machista a morte dunha muller en Oroso a mans do seu marido, que se suicidou despois. É o terceiro crime machista en Galicia neste 2023.
O PSOE celebrará en xaneiro na Coruña a súa conferencia política para marcar a "estratexia" da lexislatura. Os socialistas elixen Galicia xusto antes da celebración das eleccións autonómicas.