O Consello Xeral do Poder Xudicial cumpre este luns cinco anos co seu mandato caducado polo bloqueo do PP á súa renovación.
Fálase
A comisión promotora de Sumar Galicia contará con representantes de CIG, CCOO e UGT, ademais de referentes culturais, para representar "a pluralidade do espazo progresista". Así o confirmou o portavoz da formación, Paulo Carlos López, nunha entrevista en RNE.
O galego Tariku Novales, novo récord de España de maratón. O noiés baixa de 2:06 minutos e obtén o billete para os Xogos Olímpicos de París. A súa marca é a mellor dun atleta española na historia desta proba.
Besteiro comprométese a concluír a autovía AG-55 e a liberar a peaxe entre A Coruña e Carballo se chega ao goberno da Xunta. O candidato do PSdeG mantivo un encontro con alcaldes e representantes do partido na Costa da Morte.
A galega Pilar Cancela, nova secretaria de Estado de Migracións. A que fora presidenta da xestora do PSdeG e ata agora secretaria de Estado de Cooperación Internacional ocupará un novo cargo dependente do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
O colapso de tráfico en Vigo obriga a suspender un acto da ministra Pilar Alegría. A chegada masiva de visitantes portugueses, que aproveitaron o festivo no seu país para achegarse ao Nadal vigués, provocan enormes atascos nos accesos á cidade. Na fotografía, imaxe dunha das cámaras de tráfico do Concello.
A Garda Civil confirma como asasinato machista a morte dunha muller en Oroso a mans do seu marido, que se suicidou despois. É o terceiro crime machista en Galicia neste 2023.
O PSOE celebrará en xaneiro na Coruña a súa conferencia política para marcar a "estratexia" da lexislatura. Os socialistas elixen Galicia xusto antes da celebración das eleccións autonómicas.
Rueda nega conversas co PNV sobre a data das eleccións e limítase a dicir que as galegas serán "durante o primeiro semestre do ano". O presidente da Xunta, do que depende en exclusiva a decisión, insinúa que as eleccións en Euskadi serán en función dos intereses do PNV mentres que el as convocará "en función dos intereses de Galicia".
Hoxe fai nove anos do asasinato do afeccionado deportivista Jimmy. O testemuño dunha muller provoca a reapertura do caso que foi arquivado varias veces e abre a porta a un novo xuízo sobre unha morte da que non se sinalaron culpables malia que testemuñas e policía apuntaron sempre a ultras do Atlético de Madrid, como lembra hoxe El País.
- HEMEROTECA | Toda a información do caso Jimmy