A patronal galega chama a votar por un goberno "estable" en Galicia, que espera que sexa "amigable co mundo empresarial". O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, pide á cidadanía que "vote con responsabilidade" nas futuras eleccións autonómicas. Xa despois do 23X reclamara un goberno "moderado" en España que reducise impostos aos riscos.
Fálase
A Xunta aproba unha oferta de emprego de máis de 2.300 prazas en Educación, Administración Xeral, Sanidade e CRTVG a pouco das eleccións. O Consello deu luz verde ás Ofertas Públicas de Emprego para cubrir, entre outras, 1.750 prazas no ensino.
Yolanda Castaño gaña o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Economía e Poesía: rimas internas. A obra establece "un diálogo complexo, cheo
de luces e sombras, que interpela a colectivos, institucións, artistas e profesionais incidindo na aposta polo xusto pagamento aos labores do oficio de poeta alén das concesións militantes". O xurado destacou neste ensaio a súa capacidade para abrir un debate sobre a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar as e os traballadores da palabraDetido un home en Santiago tras acoitelar a súa parella. A muller foi trasladada ao Hospital Clínico tras ser agredida nun domicilio do barrio de Concheiros.
A policía desaloxa os representantes sindicais pechados na Consellería de Educación. CIG-Ensino, STEG e CSIF, que intentaron fixar unha reunión co conselleiro, denuncian a "actitude democrática" de Román Rodríguez.
Representantes dos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF péchanse na sede da Xunta en San Caetano á espera de ser recibidos polo conselleiro de Educación e "tras o éxito das mobilizacións deste primeiro trimestre" contra o acordo educativo asinado pola Administracións e mais CCOO, UGT e ANPE.
A COP28 remata cun acordo para acabar cos combustibles fósiles en 2050. Os países pactan por primeira vez poñer fin ao petróleo, o gas e o carbón nos vindeiros 30 anos, aínda que sen metas intermedias. Foto: COP28.
O empresario Carlos Mouriño, propietario do Celta, culmina a transferencia á súa filla Marián das súas responsabilidades á fronte da sociedade anónima deportiva. A entidade considera clave para o seu futuro o proxecto urbanístico e comercial da súa cidade deportiva, xa iniciada pero aínda pendente de autorización definitiva.
Morre José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié. Arias Mosquera foi, ademais, o derradeiro presidente do Banco Pastor ata a súa absorción en 2017 polo Santander.
O PSdeG celebrará unha convención política os días 16 e 17 de decembro na Cidade da Cultura para definir o seu programa electoral. O candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este martes o evento no complexo do Gaiás e avanzou que os relatores serán o reitor en funcións da Universidade da Coruña, Julio Abalde, na mesa de Economía Verde; a ex-secretaria de Estado de Transportes Isabel Pardo de Vera na de Cohesión Territorial; o ex-ministro de Sanidade José Manuel Miñones na de Servizos Públicos; e Nieves Lagares, ex-decana de Ciencias Políticas en Santiago, na de autogoberno.