Jácome cre que situar as eleccións no Entroido é "un claro desprezo a Ourense". O alcalde ourensán e líder de Democracia Ourensana cre que, malia todo, a súa formación será "chave do futuro goberno da Xunta".
Fálase
O deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, rematou este mércores o derradeiro Pleno do ano, como vén sucedendo nos últimos anos, cunha panxoliña aplaudida por todo o Parlamento de Galicia. Mini reivindicou a tradición musical galega fronte a panxoliñas importadas.
O BOE publica a sentenza do Constitucional adiantada este mércores por Praza.gal que revela que a Xunta lamentou que o imposto estatal ás grandes fortunas non deu tempo aos ricos a mudar a súa residencia fiscal.
As traballadoras da limpeza encadéanse no Concello de Lugo para reclamar a intervención do goberno municipal no seu conflito coa patronal, polo que suman máis de tres meses en folga.
O Goberno de España comprará o 10% de Telefónica e converterase no seu primeiro accionista. A decisión, que suporá un gasto de 2.000 millóns, trata de contrarrestar a entrada do capital saudita na compañía.
Besteiro fixa para o 30 de decembro a apertura da autovía A-6 dirección Madrid. O presidente da Comisión de Transportes no Congreso e candidato socialista á Xunta anuncia tamén a reapertura, esa semana, dun carril da A-6 en sentido A Coruña, tras a reparación do noiro de Becerreá.
A plataforma SOS Sanidade Pública concéntrase ante o Parlamento en protesta contra os orzamentos da Xunta por "perpetuar a crise e o desmantelamento da sanidade pública". Máis información, hoxe en Praza.gal.
O Ministerio de Traballo e o de Economía acordan a reforma do subsidio de desemprego, que amplía a contía e as persoas beneficiarias. Pasará dos 480 euros actuais aos 570 nos seis primeiros meses, segundo adianta a Cadena SER.
Parlamento, Xunta, Concello e Igrexa comezan o desenvolvemento da lei que consagra o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres como "símbolo da identidade do pobo galego e da súa continuidade histórica". As catro institucións reuníronse este luns para iniciar a constitución da Fundación que xestionará o Panteón.
O Tribunal Supremo desestima o recurso presentado por Granada contra a escolla da Coruña como sede da AESIA, pois entende que a decisión do Goberno central estivo fundamentada. A Axencia Estatal para a Supervisión da Intelixencia Artificial estará, polo tanto, na cidade herculina.