Masivas manifestacións nos Estados Unidos esixiron este sábado máis controis para as armas de fogo. A March for our lives sumou 800 convocatorias e superou todas as previsións. Máis de 33.000 persoas morren cada ano nos EE.UU. por disparos
Fálase
A policia alemá detén a Puigdemont na fronteira con Dinamarca. A detención, que tivo lugar ás 11:19 horas da mañá, prodúcese a raíz da euroorde cursada pola xustiza española
O Ministerio de Defensa inicia unha nova poxa en dous dos seus terreos do Campo da Estrada, na Coruña, excluíndo aqueles nos que se atopan os restos das vellas murallas da cidade. "O Ministerio non se pode comportar como unha inmobiliaria", dicía hai dous anos Ricardo Vales (Comisión Aberta en Defensa do Común). "É o momento de que Defensa devolva o espazo aos habitantes da Cidade Vella", sinalaba o arquitecto Xosé Lois Martínez
O manifesto Basta Xa!, promovido por Suso de Toro, Mercedes Queixas, Quico Cadaval, Isabel Risco ou Paulo Carril pide "a liberdade inmediata de todos os presos e presas políticas" en Cataluña. Está apoiado xa polas deputadas e deputado Olalla Rodil, Luís Bará ou Ana Miranda.
Esta madrugada cambia a hora: ás 2 serán as 3 para entrar no horario de verán. O pasado mes de outubro o Parlamento europeo instou a rematar con este cambio bianual, polos desaxustes que provocan na saúde e na economía. O pasado ano o CCG publicou un libro que recollía as análises de catro expertos sobre os beneficios e prexuízos dun hipotético cambio do fuso horario no Estado español, unha proposta que chegou a barallar publicamente o propio Mariano Rajoy
Eva Solla e a deputada por IU no Parlamento Europeo Paloma López visitaron a canteira de Parada en Xinzo (Ponteareas), onde se produciron as verteduras de terras con lindano procedentes das obras de saneamento de O Contrasto (O Porriño). Posteriormente, reuníronse con representantes do colectivo ecoloxista ADENCO, que vén denunciando a situación neste concello.
Torrent chama a unha “fronte unitaria” pola liberdade dos presos e presas. O presidente do Parlament suspendeu a votación de investidura de Turull e leu unha declaración polos dereitos civís acompañado de representantes de JxCat, ERC, En Comú-Podem e CUP.
A borrasca Hugo deixa ventos de 129 quilómetros/hora en Viveiro, ondas de 11 metros en Estaca de Bares e 152 raios no norte da Coruña e Lugo. A alerta vermella continuará ata as tres da tarde.
PP e PSOE bloquean a posibilidade de que os documentos sobre o 23F ou os GAL poidan ser desclasificados antes do ano 2028. O PNV presentou unha proposta para modificar a Lei de segredos oficiais
As cargas dos Mossos d'Esquadra contra os manifestantes que protestaban contra o encarceramento de políticos independentistas cataláns provocaron unha vintena de feridos leves. O presidente do Parlament, Roger Torrent, decidiu manter o segundo pleno de investidura de Turull, previsto para este sábado ás 11:30 horas, a pesar do ingreso en prisión do candidato