Torrent chama a unha “fronte unitaria” pola liberdade dos presos e presas. O presidente do Parlament suspendeu a votación de investidura de Turull e leu unha declaración polos dereitos civís acompañado de representantes de JxCat, ERC, En Comú-Podem e CUP.
Fálase
A borrasca Hugo deixa ventos de 129 quilómetros/hora en Viveiro, ondas de 11 metros en Estaca de Bares e 152 raios no norte da Coruña e Lugo. A alerta vermella continuará ata as tres da tarde.
PP e PSOE bloquean a posibilidade de que os documentos sobre o 23F ou os GAL poidan ser desclasificados antes do ano 2028. O PNV presentou unha proposta para modificar a Lei de segredos oficiais
As cargas dos Mossos d'Esquadra contra os manifestantes que protestaban contra o encarceramento de políticos independentistas cataláns provocaron unha vintena de feridos leves. O presidente do Parlament, Roger Torrent, decidiu manter o segundo pleno de investidura de Turull, previsto para este sábado ás 11:30 horas, a pesar do ingreso en prisión do candidato
A senadora e ex-alcaldesa de Cartaxena Pilar Barreiro, galega de nacemento e investigada no caso Púnica, deixa o PP e pasa ao Grupo Mixto do Senado para facilitar que Ciudadanos apoie os Presupostos do Estado.
ÚLTIMA HORA | O xuíz Llarena envía a prisión a Turull, Romeva, Forcadell, Rull e Bassa, procesados por rebelión. A ONU insta a España a "garantir os dereitos políticos" de Jordi Sànchez.
A DGT activa o luns un novo radar de treito na A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín. Faino días despois de coñecerse que Fomento non terá solución para a néboa recorrente que alí se produce ata polo menos 2020, seis anos despois da inauguración da autovía. O radar controlará a circulación entre os puntos kilométricos 545,6 e 550,2 en sentido Vilalba. Xa hai activo outro radar de treito na mesma zona en sentido contrario.
Antonio López presentou este venres a súa candidatura a Reitor da Universidade de Santiago. “Non é un mero cambio de matiz; queremos unha universidade radicalmente diferente á que temos agora e que recupere o liderado que lle corresponde”, salientou. As eleccións terán lugar o 23 de abril. En 2014 López perdeu ante Juan Viaño por unha marxe moi escasa.
O Pleno da Deputación da Coruña aproba unha moción en defensa das pensións públicas que lle demanda ao Goberno central un incremento acorde coa suba do IPC, a recuperación dos 65 como idade de xubilación e a derrogación das reformas das pensións de 2011 e 2013 e das reformas laborais de 2010 e 2012. O texto, redactado por MODEPEN, tivo o voto favorable de BNG, Marea Atlántica e Compostela Aberta. PP e PSdeG-PSOE abstivéronse.
O PP rexeita regular os grupos de presión no ámbito autonómico á espera do que faga o Goberno central. Os populares tombaron este venres no Parlamento de Galicia unha proposta presentada polo PSdeG para que a Xunta cree un rexistro de lobbies e faga públicas as axendas de traballo dos cargos públicos. Esta mesma semana os populares consideraron a lei de transparencia de Rajoy ao tempo escasa e excesiva.