O PP rexeita regular os grupos de presión no ámbito autonómico á espera do que faga o Goberno central. Os populares tombaron este venres no Parlamento de Galicia unha proposta presentada polo PSdeG para que a Xunta cree un rexistro de lobbies e faga públicas as axendas de traballo dos cargos públicos. Esta mesma semana os populares consideraron a lei de transparencia de Rajoy ao tempo escasa e excesiva.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5ab50cd4b6702-villoslada.jpg)