O xuíz do Supremo procesa por rebelión a Puigdemont, Junqueras, outros seis ex-consellers, os Jordis, Forcadell e Rovira. O delito está penado con ata 30 anos de cadea.

O xuíz do Supremo procesa por rebelión a Puigdemont, Junqueras, outros seis ex-consellers, os Jordis, Forcadell e Rovira. O delito está penado con ata 30 anos de cadea.
A borrasca Hugo tocará esta tarde as costas galegas, que estarán en alerta laranxa dende o mediodía. O sábado a alerta chegará a ser vermella no litoral da Coruña e Lugo, con ondas de máis de 8 metros.
O Concello de Xove tamén sancionará os propietarios que incumpran a obriga de arrincar os eucaliptos próximos a vivendas. En febreiro o Concello de Ribadeo notificou a 700 veciños que estaban a incumprir a lei e deulles ata xuño para xestionar de forma axeitada a biomasa vexetal ao redor das súas casas.
Marta Rovira marcha de España e decide non comparecer ante o Supremo. "Hoxe emprendo un camiño duro, o camiño do exilio", di a deputada catalá nunha carta á militancia de ERC.
Os sindicatos de Xustiza piden á Xunta reunirse o vindeiro luns 26 logo de rebaixar as súas pretensións económicas.
Antonio Teijeiro e Ledicia Costas, premios estatais de literatura infantil e xuvenil en 2015 e 2017, serán os Vigueses Distinguidos deste ano, segundo anunciou o alcalde.
SonDeSeu, Rozalén e Hombres G, primeiras confirmacións musicais para o San Froilán 2018. Así o adiantou a concelleira lucense de Cultura, Carmen Basadre, no marco da xuntanza da Comisión de Festas da cidade. As patronais de Lugo celébranse do 4 ao 12 de outubro, se ben o feiral estará aberto neste ano do 3 ao 14.
A ministra De Cospedal descualifica por "machistas" as críticas a Cifuentes pola súa presunta fraude nun máster, revelada por eldiario.es, e insinúa que "algúns" desexan a súa morte.
A CUP mantén a súa abstención na sesión de investidura do Parlament catalán, o que impedirá que Turull sexa investido. Está a contalo eldiario.es
Dimite o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, tras a súa condena a oito anos e medio de inhabilitación por outorgar contratos a dedo. Pérez asegura, non obstante, que deixa o cargo por "cuestións familiares". O xa ex-rexedor deuse de baixa no PP durante o proceso xudicial.