A DGT activa o luns un novo radar de treito na A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín. Faino días despois de coñecerse que Fomento non terá solución para a néboa recorrente que alí se produce ata polo menos 2020, seis anos despois da inauguración da autovía. O radar controlará a circulación entre os puntos kilométricos 545,6 e 550,2 en sentido Vilalba. Xa hai activo outro radar de treito na mesma zona en sentido contrario.
