Stop Desafiuzamentos e as PAH de Galicia concéntranse xa ante as subdelegacións do Goberno en Galicia "contra a represión dos movementos sociais". Máis información, hoxe ne Praza. Foto de @CIGLugo
Fálase
Industria convoca para luns e martes a poxa extraordinaria da que depende o futuro de Alcoa, que podería acadar os bloques necesarios para manter a súa actividade na Coruña e Avilés. A CIG concéntrase hoxe ante varias industrias para reclamar unha tarifa eléctrica galega.
Cinco anos e tres meses de cadea para dous sindicalistas asturianos por un piquete. O xuíz acúsaos dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións por uns incidentes durante o 29M.
As FARC declaran un alto ao fogo unilateral e indefinido. A guerrilla asegura que só rachará con este compromiso se recibe ataques.
Xabier P. DoCampo (Prolingua) responde cunha carta aberta ás declaracións de Alberto Núñez Feijoo sobre a responsabilidade das familias na perda de galegofalantes entre a mocidade: "Vostede ben sabe o que hai que facer para desarmar a tendencia maligna de que as familias rompan a cadea da transmisión do idioma, mesmo hai malvados que din que o sabe tan ben, que por iso non o fai"
As eléctricas cortáronlle a luz por impago a máis dun millón de familias en 2013 en toda España, denuncia FACUA
O Parlamento aproba por unanimidade unha propoición do BNG crítica coa instalación de concertinas ao redor do campamanto militar de Parga (Guitiriz). Pola contra, a petición da "retirada inmediata das concertinas" non tivo o apoio do PP e non foi aproba.
En Grecia, o candidato a presidente da República proposto polo Goberno non acadou os apoios necesarios no Parlamento. Se as dúas seguintes votacións, o 23 e o 29 de decembro tampouco acadan os 200 votos esixidos, celebraríanse novas eleccións nos primeiros meses de 2015, con Syriza como favorito nas enquisas.
As portadas da prensa de todo o mundo están dominadas esta mañá pola nova da fin do bloqueo norteamericano a Cuba e o reinicio de relacións entre os dous países.
Obama confirma a fin do bloqueo a Cuba e Raúl Castro subliña a vontade de "diálogo" do Goberno cubano. Ambos dirixentes recoñecen o papel do Papa Francisco como mediador.