O goberno de Santiago promove denominar o aeroporto compostelán 'Rosalía de Castro-Santiago Lavacolla'. A proposta de Compostela Aberta será debatida a través dunha moción no pleno municipal deste mércores, na que a formación lembra que é "unha práctica instituída que os aeroportos de referencia reciban o nome de personaxes ilustres". A nova denominación tería que ser aceptada por AENA, dependente do Ministerio de Fomento.
