O realizador galego Manu Viqueira asina o último vídeo de Green Day, Troubled times, de fondo contido político e social e inzado de crítica a Donald Trump
Fálase
Un antigo membro do partido de Berlusconi perfílase como novo presidente do Parlamento Europeo. Todo apunta a que o italiano Antonio Tajani gañará a votación que se desenvolve esta mañá tras un pacto entre o PP europeo e os liberais.
Xa está en marcha no Senado a Conferencia de Presidentes das comunidades autónomas, á que acode Galicia pero non Euskadi nin Catalunya. O máis destacado da xuntanza, esta tarde en Praza.
Bruxelas cre que España incumprirá o déficit en 2017 e reclama máis axustes. A Comisión considera que o Estado "debe estar listo para aprobar medidas adicionais".
ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional ordena deter os ex-directivos de Novacaixagalicia condenados polas indemnizacións millonarias. Toda a información, hoxe en Praza.gal
ÚLTIMA HORA | O policía que pedía tres anos de cadea para Diego Lores polas manifestacións de Coia retira a acusación, que queda arquivada. Toda a información, esta tarde en Praza
O PP tomba as emendas de En Marea, PSdeG e BNG aos Orzamentos para 2017, que continúan a súa tramitación parlamentaria. Os grupos da oposición defenderán no que queda do proceso as súas emendas parciais.
Bárcenas declara ante o xuíz que Rajoy coñecía as actividades corruptas da rede Gürtel e non as denunciou. A información sobre a declaración do ex-tesoureiro do PP, en eldiario.es
As lectoras e lectores de Fervenzas Literarias elixiron Praza como o mellor medio de comunicación galego en 2016. Ao longo desta mañá están sendo revelados e reveladas os gañadores e gañadoras nas distintas categorías.
Un dos terreos nos que se levantou o complexo formado polo Hotel Finisterre e a Solana -o correspondente ao antigo cárcere- é de titularidade municipal, o que pon en cuestión a capacidade da Autoridade Portuaria de vender estes espazos. Cóntao Radio Coruña - Cadena Ser