ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional ordena deter os ex-directivos de Novacaixagalicia condenados polas indemnizacións millonarias. Toda a información, hoxe en Praza.gal
Fálase
ÚLTIMA HORA | O policía que pedía tres anos de cadea para Diego Lores polas manifestacións de Coia retira a acusación, que queda arquivada. Toda a información, esta tarde en Praza
O PP tomba as emendas de En Marea, PSdeG e BNG aos Orzamentos para 2017, que continúan a súa tramitación parlamentaria. Os grupos da oposición defenderán no que queda do proceso as súas emendas parciais.
Bárcenas declara ante o xuíz que Rajoy coñecía as actividades corruptas da rede Gürtel e non as denunciou. A información sobre a declaración do ex-tesoureiro do PP, en eldiario.es
As lectoras e lectores de Fervenzas Literarias elixiron Praza como o mellor medio de comunicación galego en 2016. Ao longo desta mañá están sendo revelados e reveladas os gañadores e gañadoras nas distintas categorías.
Un dos terreos nos que se levantou o complexo formado polo Hotel Finisterre e a Solana -o correspondente ao antigo cárcere- é de titularidade municipal, o que pon en cuestión a capacidade da Autoridade Portuaria de vender estes espazos. Cóntao Radio Coruña - Cadena Ser
A desigualdade segue a medrar en España malia a recuperación económica. O último informe de Oxfam asegura que o 30% da poboación máis pobre perdeu o 33,4% da súa riqueza en 2015.
Trumb ve un "erro catastrófico" a acollida de refuxiados e celebra o Brexit. O presidente electo dos EUA volve sementar a polémica en dúas recentes entrevistas.
O PP frea o seu crecemento e o PSOE amosa síntomas de recuperación, segundo unha enquisa para eldiario.es. En Marea mantería a súa representación no Congreso.
Un home agrede a súa ex-parella nun bar do centro de Pontevedra. O agresor foi detido pola Policía Local tras ser alertada por persoas presentes no local de que estaba a empurrar e golpear a muller. A policía pontevedresa subliña nun comunicado a importancia da colaboración cidadá na loita contra a violencia machista. Na mesma noite outro home acoitelou a súa ex-parella en Carballo e foi detido este domingo.