Afectados polas preferentes maniféstanse ante o Concello da Coruña e piden a "devolución íntegra" dos aforros e que a administración local "peche as contas" en Novagalicia. Imaxe de @EUCoruna.
Fálase
The Independent publicou este domingo unha reportaxe sobre Marinaleda: "O 27% dos españois están no paro. Pero hai unha vila onde todos teñen un emprego"
Comeza a defensa da ILP Valentín Paz Andrade no pleno do Parlamento. Pódese seguir en directo na web da Cámara.
O Concello e a Deputación de Lugo axudarán o Club Deportivo Lugo no seu proceso de conversión en sociedade anónima deportiva. As achegas das institucións públicas serán préstamos que a entidade deportiva terá que devolver. Cóntao El Progreso.
V Televisión emitirá dende hoxe as sesións plenarias do Parlamento galego. Todos os martes e mércores, a partir das 10 da mañá, e con periodicidade quincenal. A TVG non o fai en ningunha das súas canles.
O PP de Valencia 'coloca' o líder das súas Novas Xeracións nun cargo público cun salario de 45.000 euros anuais, segundo conta Público.
O Goberno inventou a suposta carta de Bruxelas que cuestionaba o decreto andaluz antidesafiuzamentos. O portavoz de Asuntos Económicos e Monetarios da Comisión Europea, Simon O´Connor, negou a existencia desa misiva que o Executivo de Rajoy empregou como argumento.
La Voz destaca que "España non ten sitio para o mellor físico novo de Europa". Diego Martínez Santos (Foz, 1983) vén de ser premiado pola Sociedade Europea de Física (EPS) polos seus traballos no experimento LHCb. Porén, a súa solicitude para volver a España ao abeiro do programa Ramón y Cajal foi rexeitada.
Associated Press acusa os Estados Unidos de espiar os seus xornalistas. O Goberno tivo acceso ao historial de chamadas de 20 liñas telefónicas
Follies, de Mario Gas, gañadora dos Premios Max con seis galardóns. O último cowboy de Eduardo Alonso levou o premio ao mellor autor en galego.