Bárcenas mantén despacho, secretaria e coche na sede central do PP. Eldiario.es púxose en contacto con a secretaria de Bárcenas, que hoxe mesmo segue atendendo os seus asuntos dende Génova
Bárcenas mantén despacho, secretaria e coche na sede central do PP. Eldiario.es púxose en contacto con a secretaria de Bárcenas, que hoxe mesmo segue atendendo os seus asuntos dende Génova
A facturación do sector servizos en Galicia cae un 4%. A ocupación descende máis dun 3% e o emprego un 2,7% con respecto a novembro de 2011, segundo os datos do INE.
O presidente do BBVA, imputado por un presunto delito de apropiación indebida. Francisco González declarará o vindeiro 7 de febreiro, segundo conta La Información.
Bárcenas conserva en Génova unha sala cos seus documentos que segue utilizando, segundo acaba de publicar El Pais.
De Guindos anuncia o inicio do canxe de preferentes por accións en Novagalicia Banco. Até finais de febreiro, os afectados poderán recuperar ao redor da metade dos seus cartos, ao sufrir unha quita de máis do 40 por cento.
A RAG votará hoxe por Chus Pato ou Fina Casalderrey para unha ocupar unha das súas cadeiras vacantes no seu plenario. Unha das dúas converterase na quinta muller na Academia.
O condutor que se negou a falar en español nun control policial rutinario en Castellón gaña o xuizo e ve retiradas as denuncias na súa contra. Carles Mateu Blay fora retido durante tres horas. No proceso os axentes recoñeceron que lle pediron que lle falasen en castelán.
Bárcenas acolleuse á amnistía fiscal do Goberno para branquear 10 millóns de euros. Porén, a Axencia Tributaria desmentiu o avogado de Bárcenas mediante un comunicado que afirma que "non se acolleu á Amnistía Fiscal"
Bárcenas pagou sobresoldos en negro durante anos a parte da cúpula do PP, segundo publica esta mañá El Mundo. Distribuía cada mes sobres con até 15.000 euros. Rajoy encargoulle a Cospedal en 2009 rematar con estas prácticas, catro anos despois de facerse cargo do partido.
Os traballadores de Novagalicia Banco, Bankia e Banco de Valencia convocan un paro para o 6 de febreiro