A RAG votará hoxe por Chus Pato ou Fina Casalderrey para unha ocupar unha das súas cadeiras vacantes no seu plenario. Unha das dúas converterase na quinta muller na Academia.
A RAG votará hoxe por Chus Pato ou Fina Casalderrey para unha ocupar unha das súas cadeiras vacantes no seu plenario. Unha das dúas converterase na quinta muller na Academia.
O condutor que se negou a falar en español nun control policial rutinario en Castellón gaña o xuizo e ve retiradas as denuncias na súa contra. Carles Mateu Blay fora retido durante tres horas. No proceso os axentes recoñeceron que lle pediron que lle falasen en castelán.
Bárcenas acolleuse á amnistía fiscal do Goberno para branquear 10 millóns de euros. Porén, a Axencia Tributaria desmentiu o avogado de Bárcenas mediante un comunicado que afirma que "non se acolleu á Amnistía Fiscal"
Bárcenas pagou sobresoldos en negro durante anos a parte da cúpula do PP, segundo publica esta mañá El Mundo. Distribuía cada mes sobres con até 15.000 euros. Rajoy encargoulle a Cospedal en 2009 rematar con estas prácticas, catro anos despois de facerse cargo do partido.
Os traballadores de Novagalicia Banco, Bankia e Banco de Valencia convocan un paro para o 6 de febreiro
Unhas 700 persoas afectadas pola estafa das preferentes participan nunha procesión polo centro de Vigo e concéntranse en Colón, onde se atopan as principais sedes bancarias da cidade
Milleiros de galegos manifestáronse en toda Galicia contra os recortes laborais e nos servizos públicos. A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos concentrouse en todas as cidades do país. Imaxe de @galizanova.
A vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, reflexiona sobre o paro e os desafiuzamentos: "pódenos pasar a calquera", afirma. Recólleo El Diario
As Nuevas Generaciones do PP, indignadas despois de que a alcaldesa de Madrid, Ana Botella, propuxese suprimir as organizacións de mocidade dos partidos políticos
Telemadrid pagaralle 450.000 euros a Telefónica para que realice unha "programación provisional" até que a televisión pública madrileña convoque un concurso público para externalizar o servizo